Dende o GPUL comprácenos anunciar unha nova edición das xa senlleiras Xornadas Libres, as cales consistirán, coma sempre, nunha serie de conferencias, obradoiros e concursos con contidos do máis heteroxéneo, pero sempre xirando arredor do mundo da Cultura Libre: software libre, hardware libre, estándares abertos, licencias, propiedade intelectual e un amplo etcétera.
Ditas xornadas celebraranse do 22/04/2013 ó 26/04/2013 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, sendo a data de finalización de recepción de propostas o 04/04/2013 ás 23:59 horas.
ACTUALIZACIÓN:
Amplíase a data de finalización de recepción de propostas ata o 07/04/2013 ás 20:00 horas.
- O envío das mesmas farase a través da plataforma creada para tal fin, sendo preciso rexistro previo e cubrindo correctamente o respectivo formulario web.
- Será preciso adxuntar o material que se considere necesario para a avaliación da proposta (presentación ou similar, etc.).
- Aceptaranse propostas en galego, castelán, portugués, inglés e/ou francés.
- Calquera proposta que non cumpra coas anteditas normas será directamente rexeitada.
Dende a directiva gustaríanos agradecer de antemán as vosas propostas e a difusión do evento. Así mesmo agardamos que estas xornadas sexan do voso agrado.
Comentarios