Dende o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) comprácenos anunciar que, retomando o espírito das xa consolidadas «Xornadas sobre Informática Gráfica» (dúas edicións, en 2004 e 2007), estanse a organizar unhas novas xornadas nas que se incluirá tamén a non menos importante temática do audio, dando lugar ás «Xornadas de Audio e Gráficos con SL» que se celebrarán na Facultade de Informática da Universidade da Coruña entre os días 13 e 14 de xullo de 2010.
Sirva esta chamada á participación para invitar a todos os interesados en temas de audio e gráficos a asistir ou participar activamente nas xornadas enviando unha proposta de charla ou obradoiro.
Ligazón do evento: http://www.gpul.org/?q=node/116
- Requisitos de presentación
- Temática: estará relacionada co Software Libre e co audio e/ou cos gráficos (render, animación, deseño gráfico, vídeo...). As propostas poden ter todo tipo de enfoques: divulgativo, desenvolvemento, investigación...
- Lingua: poderanse presentar propostas en galego, castelán, portugués, inglés ou francés.
- Software: todo software referenciado debe de ser compatible coa definición de Software Libre da FSF.
- Gravación e distribución dos contidos: o poñente autoriza a GPUL a facer unha gravación da súa intervención, así como a distribuir tanto a gravación coma o resto do material empregado durante a intervención, baixo unha licencia libre (segundo a FSF).
- Envío de propostas
- Pódense formalizar as propostas a través deste formulario ou ben por correo a xag@udc.es, indicando:
- Temática: Audio/Gráficos
- Título
- Nome do poñente
- Enderezo electrónico
- Teléfono de contacto (opcional)
- Empresa/Institución á que pertence
- Duración aproximada: recomendado 45 min./máximo 90 min.
- Resumo: o máis completo posible sen extenderse demasiado
- Solicita axuda de viaxe: Si/Non
- A data límite para a recepción de propostas será o 27 de xuño.
- A data de notificación da aceptación das propostas será o 28 de xuño.
- Contacto
- Para máis información podedes contactar coa organización a través do enderezo info@gpul.org.
¡Animádevos a presentar as vosas propostas!
Últimos comentarios
hace 4 semanas 2 días
hace 7 semanas 10 horas
hace 7 semanas 2 días
hace 16 semanas 1 día
hace 19 semanas 2 días
hace 1 año 18 semanas
hace 1 año 22 semanas
hace 2 años 7 semanas
hace 2 años 8 semanas
hace 2 años 16 semanas