Xornada de Accesibilidade en Software Libre

GPUL, en colaboración coa GNOME Foundation, organiza a Xornada de Accesibilidade en Software Libre o vindeiro Mércores 11 de maio de 2011 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Jornadas de AccesibilidadA accesibilidade é a característica do software que permite que sexa empregado por persoas cegas, con discapacidades auditivas, motoras ou outras necesidades especiais. O proxecto GNOME define entre os seus obxectivos principais que o software sexa accesible.

O GNOME Accesibility Team reúnese durante a próxima semana na Coruña no Hackfest sobre ATK e AT-SPI. O Hackfest é a reunión dos desenvolvedores da accesibilidade de GNOME na que impulsarán o desenvolvemento das tecnoloxías que fan que o entorno GNOME sexa accesible. 

Grazas a colaboración entre GPUL e a GNOME Foundation, organizase esta Xornada aberta para achegar ao público os avances e melloras que permiten adaptar o noso entorno de traballo para as persoas que precisan tecnoloxías de asistencia.

Programa da Xornada de Accesibilidade:

18:00  Introducción á accessibilidade en GNOME (PDF)

             Alejandro Piñeiro (Igalia, GNOME Accessibility Team)

18:30 Orca, o lector de pantalla de GNOME (PDF)

            Alejandro Leiva (Emergya, Orca)

19:00 Accessibilidade na web: Firefox, Webkit (PDF)

            Fernando Herrera (Mozilla Foundation, Firefox)

            Mario Sánchez Prada (Igalia, Webkit)

19:30 Que facemos no Hackfest de ATK/AT-SPI2? (PDF)

            Alejando Piñeiro (Igalia, GNOME Accessibility Team)

Máis información no corpo da nova.

Localización: Aula de Grados, 2º Planta.

   Facultade de Informática

  Campus de Elviña s/n

  15071 A Coruña

Data e hora: Mércores, 11 de maio de 2011 as 18:00

Os asistentes á esta xornada coñecerán o o sistema de accesibilidade de GNOME, como funciona o lector de pantalla Orca ou como se pode navegar de forma accesible nos navegadores Firefox e Webkit. Todas estas charlas mostrarán a potencia do Software Libre para achegar as tecnoloxías da información aos colectivos con necesidades especiais.

Para concluír, presentarase os obxectivos a acadar durante a semana de traballo do equipo de internacional de desenvolvedores que se reunirá nas oficinas de Igalia na Coruña.

A Xornada de Accesibilidade en Software libre dentro do ATK and AT-SPI Hackfest forma parte das actividades que GPUL realiza co financiamento da Xunta de Galicia a través do Convenio de Colaboración das Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia incluída dentro do Plan de Acción FLOSS 2011. Agradecemos a colaboración  na organización deste evento á Facultade de Informática, á Universidade da Coruña e Igalia.

Recomendamos enviar un correo a info@gpul.org indicando o interese en participar na xornada para controlar o aforo da sala. O acceso é libre e gratuíto.