Xornadas Multimedia con SL: petición de contribucións
Enviado por xuco en
Dende o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) comprácenos anunciar que, retomando o espírito das xa consolidadas «Xornadas de Audio e Gráficos con SL» (tres edicións), estanse a organizar as novas «Xornadas Multimedia con SL» que se celebrarán na Facultade de Informática da Universidade da Coruña os días 12 e 13 de xullo de 2011.
Sirva esta chamada á participación para invitar a todos os interesados en temas multimedia en xeral a asistir ou participar activamente nas xornadas, enviando unha proposta de charla ou obradoiro.
Ligazón do evento: http://www.gpul.org/?q=node/224
- Requisitos de presentación
- Temática: estará relacionada co Software Libre e coa temática das xornadas (render, animación, deseño gráfico, vídeo, audio...). As propostas poden ter todo tipo de enfoques: divulgativo, desenvolvemento, investigación...
- Lingua: poderanse presentar propostas en galego, castelán, portugués, inglés ou francés.
- Software: todo software referenciado debe de ser compatible coa definición de Software Libre da FSF.
- Gravación e distribución dos contidos: o poñente autoriza a GPUL a facer unha gravación da súa intervención, así como a distribuir tanto a gravación coma o resto do material empregado durante a intervención, baixo unha licencia libre (segundo a FSF).
- Envío de propostas
- Pódense formalizar as propostas a través deste formulario ou ben por correo a xm@gpul.org, indicando:
- Temática
- Título
- Nome do poñente
- Enderezo electrónico
- Teléfono de contacto (opcional)
- Empresa/Institución á que pertence
- Duración aproximada: recomendado 45 min./máximo 90 min.
- Resumo: o máis completo posible sen extenderse demasiado
- Solicita axuda de viaxe: Si/Non
- A data límite para a recepción de propostas será o 25 de xuño. Actualización: data límite ampliada ata o 26 de xuño.
- A data de notificación da aceptación das propostas será o 27 de xuño. Actualización: data de notificación ampliada ata o 28 de xuño.
- Pódense formalizar as propostas a través deste formulario ou ben por correo a xm@gpul.org, indicando:
- Contacto
- Para máis información podedes contactar coa organización a través do enderezo xm@gpul.org.
¡Animádevos a presentar as vosas propostas!

Comentarios