Xornadas de Introducción a GNU/Linux e Software Libre para novos Alumnos 2008

Descripción das Xornadas:

Un ano máis, GPUL organiza unha actividade orientada aos novos alumnos desta facultade.

Dende GPUL cremos que estas actividades poden resultar moi interesantes para os alumnos xa que proporcionan unha necesaria introdución a un entorno moitas veces aínda descoñecido, e que lles será necesario e útil durante a súa estancia na facultade.

As actividades levaranse a cabo na Facultade de Informática do Campus de Elviña do 10 ao 13 de Novembro.

Non é preciso inscribirse e, por suposto, a asistencia é gratuita.

Actividades:

Charla: Software Libre e GNU/Linux ¿Que é, como se usa, e para que me serve?

  • Turno de tarde:
    Luns 10 de Novembro
    17:30-19:00
    Aula de Graos
  • Turno de mañá:
    Martes 11 de Novembro
    11:00-12:00
    Aula de Graos

Esta actividade consistirá nunha amena introdución ao concepto de Software Libre.

Tamén se presentará un dos sistemas que máis o caracterizan: GNU/Linux. Repasarase a súa historia e haberá unha demostración práctica de como se pode usar para accións cotiás, co fin de que os asistentes descubran que o entorno é potente, cómodo e sinxelo.

Uso de Ubuntu Linux

  • Xoves 13 de Novembro
    12:30-14:00
    Laboratorio 0.1

Esta actividade estará centrada no uso de Ubuntu Linux nos laboratorios da facultade, pois é o sistema que os asistentes empregaran maioritariamente durante os seus estudos. Os asistentes aprenderán a configurar o sistema e a moverse polo contorno.

Tamén ensinaráselles a utilizar o sistema en modo gráfico e en modo texto, outorgándolles todos os coñecementos necesarios nas ferramentas básicas que utilizarán ao longo da carreira.

Material

Cartel: Ver Cartel

Introducción a GNU/Linux y Software Libre: Transparencias ( PDF | ODP ) Vídeo ( Alta Res. | Baixa Res. )

O Proxecto Trasno: Documentación Vídeo ( Alta Res. | Baixa Res. )

Organiza: GPUL
Colaboran: IgaliaMancomunUDC