blog de gpul

Semana de Anita Borg

Un ano máis volve a semana de Anita Borg a FIC co obxectivo de visibilizar o éxito acadado por moitas mulleres no eido das novas tecnoloxías.

Preséntannos un programa no que se abordará a carreira profesional con ex-alumnas da FIC, así como afrontar o deseño dixital para a diversidade.

Botádelle unha ollada e apuntade as charlas que seguro que vos parecen interesantes ;)

Comezan os GPUL Labs

Este ano en GPUL decidimos que había que darlle unha volta as nosas actividades habituais e lanzámonos a formar unha comunidade de desenvolvedores preocupados polo Software, o Hardware e a Cultura Libre aquí na Coruña e na nosa comunidade.

GPUL Labs

Dende GPUL este ano queremos innovar un pouco na nosa planificación habitual de actividades polo que xa levamos un tempo a darlle voltas a unha nova forma de organización, coa idea de recuperar o P de Programadores do nome da asociación e tratar de volver a xerar ese sentimento de comunidade dentro do software libre da cidade da Coruña.

GPUL participa nas Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs

Este xoves 22 de outubro, GPUL estará presente na I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social que se celebran na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a partires das 16:30 horas. Nesta xornada o noso compañeiro Emilio J. Padrón González (@emiliojpg)  e Ana Vázquez Fernández da Coordinadora Galega de ONGD impartirán un relatorio titulado "Experiencia de colaboración no terceiro sector para a migración a Software Libre" no que explicará a experiencia da colaboración de GPUL na Migración a Software Libre na Coordinadora Galega de ONGDs.

I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social

O principal froito desa colaboración de GPUL con organizacións como a Coordinadora Galega de ONGDs ou Enxeñería Sen Fronteiras Galicia foi a migración dos sistemas de ambas organizacións a Software Libre, cos que agora están a traballar.

Asamblea Xeral Extraordinaria de GPUL

Lugar: Aula 2.0a (Planta 2). Facultade de Informática da Coruña

Data: 14 de outubro de 2015

Primeira convocatoria: 19:30
Segunda convocatoria: 20:00

Orde do día:

- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.
- Lectura de altas e baixas de socios desde a última Asemblea.
- Lectura e aprobación, se procede, das Contas de 2014.
- Estado das Contas de 2015.
- Discusión e aprobación, se procede, de actividades a levar a cabo no ano 2016.
- Rogos e preguntas.

Páginas

Subscribe to RSS: blog de gpul