Hacklab Impresión 3D (nova sesión)

Dende GPUL prácenos presentar a continuación do HackLab de impresión 3D.
A próxima sesión terá lugar o xoves 26 de marzo no laboratorio 0.1w ás 17:00 da Facultade de Informática da Coruña.

Dende GPUL agradecemos que se estiveras interesado neste HackLab e non te inscribiche xa, o fagas tan pronto poidas no formulario do evento. Aínda que non poidas acudir a esta sesión.

Xa dende hai tempo se está a ver unha gran evolución no mundo do
hardware libre, cunha maior presencia na sociedade. Froito desta
evolución son as impresoras 3d e o proxecto Clone Wars que
documentan como crear a túa propia impresora 3D.

A idea do HackLab é a de crear un grupo de traballo cooperativo de carácter aberto e fomentando a aprendizaxe autónoma e cooperativa de tódolos membros.

Recordamos que aínda que se está a montar a impresora 3D para GPUL o evento está aberto a que se tes unha impresora para montar a traias e poidamos aprender todos xuntos como funciona este mundo.

Gracias e contamos contigo nesta andaina.

AdjuntoTamaño
cartel_impresion.png301.12 KB