Xoves Libres: Wikimaraton da Galipedia na UDC

Dende GPUL xa temos preparada unha batería de eventos para que o próximo mes teñades todos os xoves ocupados ;)

De momento imos adiantando que imos colaborar coa Facultade de Informática na organización dunha Wikimaratón da Galipedia que durará dóus días e se enmarcará no ciclo dos Xoves Libres. Na seguinte nota de prensa tedes máis información, ídevos apuntando que quedades sen prazas!!

 

 

Os vindeiros 16 e 17 de abril de 2015 terán lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña  as Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC", unha mestura entre unha xornada de portas abertas e unha wikimaratón da Galipedia. Estas xornadas, promovidas pola Facultade de Informática da Universidade da Coruña, GPUL e a Galipedia, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, pretenden achegar a enciclopedia libre en galego a tódolos interesados. Os actos contarán cunha charla de introdución á edición da Galipedia e con actividades máis avanzadas como a introdución ó manexo de bots.Tamén se fará un pequeno wikimaratón de artigos relacionados coa Universidade da Coruña e outros temas, como a informática, e terá lugar a entrega de premios e a presentación dos traballos gañadores do concurso Wikinformática, enfocado á visibilización do papel da muller nas TIC entre os estudantes de secundaria.

Para poder aproveitar este evento recoméndase asistir, xa que os participantes terán a oportunidade de coñecer a outros wikipedistas e darlle visibilidade ó proxecto. Non obstante, tamén é posible participar online. Para ambos tipos de participación, é necesario ter creado un usuario, podes facelo aquí, e inscribirse na lista de participantes.

 

Máis información en https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Primeiras_xornadas_Co%C3%B1ece_a_Galipedia_na_UDC

Programa de actividades

Xoves 16 de abril

  • 17:00-17:30 Introdución á Galipedia e á edición co Editor visual (Elisardo Juncal, Galipedia)
  • 17:00-17:15 Planificación e distribución do traballo de edición
  • 17:15-19:30 Edición dos artigos propostos ou doutros de interese para os asistentes
  • 19:30-19:45 Avaliación da xornada

Venres 17 de abril

  • 16:00-17:00 Entrega de premios e presentación dos traballos de Wikinformática
  • 17:00-17:30 Introdución ó uso de bots na Galipedia (Roi Ardao López "Banjo", Galipedia)
  • 17:00-17:15 Planificación e distribución do traballo de edición
  • 17:15-19:30 Edición dos artigos propostos ou doutros de interese para os asistentes
  • 19:30-19:45 Avaliación da xornada