Xoves Libres: Modelos de negocio colaborativos

Modelos de negocio colaborativos. Por que o Software Libre domina no mercado?

Dende GPUL sempre estamos tratando de mostrar que isto do Software Libre aporta moreas de valores e vantaxes fronte as alternativas privativas pero fai tempo que queríamos aproveitar esta auxe do emprendemento TIC en Galicia para mostrarlles a aqueles que están a por en marcha un proxecto empresarial relacionado co software, que existen alternativas aos modelos de negocio tradicionais, respectando as liberdades do posible cliente e incluso axilizando o desenvolvemento e a expansión dunha iniciativa empresarial baseada en software libre.

É por isto que o próximo xoves 9 de Abril imos ter as 17:00 no xa mítico laboratorio 0.1w da Facultade de Informática a un auténtico experto como é Roberto Brenlla nisto dos modelos de negocio con software libre.

Roberto estudou económicas na Universidade de Santiago de Compostela e foi un dos fundadores da empresa galega Tegnix, adicada a consultoría baseada en software libre e a xestión de sistemas en entornos empresariais, traballando tamén en proxectos para a administración pública como o proxecto Abalar da Xunta de Galicia con máis de 75.000 equipos administrados remotamente.

Presidíu a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) durante varios anos e leva toda a súa vida adicado ao software libre, converténdose nun experto no tema e actualmente traballa como Freelance experto en estratexias Software Libre e Open Source.

AdjuntoTamaño
cartel_modelos_negocio.png201.66 KB