Google I/O

Os compañeiros do GDG Coruña están a montar unha boa para o gran evento anual de Google, o Google I/O e en GPUL tamén queremos colaborar xunto coa asociación Árticos!

Durante os días 28 e 29 de Maio imos emitir en streaming diversas charlas do evento, debates, obradoiros e grupos de traballo para celebrar o evento para desenvolvedores do ano de Google.

Tedes máis información na páxina do GDG, o evento terá lugar o día 28 de 17:00 a 23:00 e o 29 en horario de maña, aínda por definir.

O primeiro día imos ver a Keynote en directo, faremos un Hackathon para desenvolver aplicacións móbiles para o escornabot - (www.escornabot.com) e veremos outras charlas sobre Google TV, Android Wear, etc.

O segundo día imos seleccionar algunha charla e comentala xunto con outros obradoiros e eventos.

É importante, aínda que non necesario, se estades interesados en asistir que vos apuntedes no evento para preever a asistencia e programar mellor o evento.

AdjuntoTamaño
cartel_impresion.png185.12 KB
liberar o teu traballo.png245.19 KB