Install party GNU/Linux

O próximo 24 de setembro, imos a colaborar dende GPUL coa Oficina de Software Libre do CIXUG para organizar un obradoiro de instalación de GNU/Linux para estudantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

O obxectivo do taller é a instalación e configuración do sistema operativo Ubuntu 12.04, que se atopa dispoñible nos laboratorios de prácticas da propia FIC.

Ademais, darase a coñecer as características máis importante do Software Libre, do sistema operativo instalado, e resolveranse todas aquelas preguntas que poidan ter sobre o tema.

O evento dará comezo ás 16:30 horas na aula 0.5w.

O acceso ao taller realizarase previa inscrición ata completar o aforo da aula (25 persoas):

http://osl.cixug.es/taller-de-instalacion-de-gnulinux-na-facultade-de-informatica-da-udc/

Correde apuntarvos!

AdjuntoTamaño
cartel_impresion.png238.18 KB