XI Xornadas de introducción a GNU/Linux e Software Libre para novos alumnos

E seguimos neste comezo de curso a tope, esta vez cun pequeno taller de introducción ao Software Libre e a GNU/Linux no que coma todos os anos, ensinarémosvos a todos os que o desexedes, os comandos básicos para traballar coa terminal en GNU/Linux e faremos unha pequena intro ao que é o software libre e porqué mola tanto.

O obradoiro terá lugar o próximo Martes 29 de Setembro no laboratorio 1.1 en dúas tandas:

Horario de maña: 12:00 - 13:30

Horario de tarde: 17:00 - 18:30

A entrada é totalmente libre e non é preciso apuntarse, así que esperámosvos!! :)

AdjuntoTamaño
intro_linux.png242.16 KB