GPUL Labs

Dende GPUL este ano queremos innovar un pouco na nosa planificación habitual de actividades polo que xa levamos un tempo a darlle voltas a unha nova forma de organización, coa idea de recuperar o P de Programadores do nome da asociación e tratar de volver a xerar ese sentimento de comunidade dentro do software libre da cidade da Coruña.

GPUL Labs

Este ano o plan de actividades de GPUL xirará entorno a un proxecto de desenvolvemento que comezaremos dende o principio de todo e ata onde nos leve o camiño, aprendendo primeiramente o básico dunha linguaxe como é Python así como os conceptos básicos de control de versións con un sistema moderno como GIT pero coa idea de avanzar polas diversas etapas que todo proxecto moderno de software debe superar.

Falaremos de metodoloxías áxiles de desenvolvemento, sistemas de integración continua para execución automática de tests, documentación con LaTeX, creación de APIs REST e outras cousas que vaian propoñendo todos os participantes.

Bótanos unha man

Plantexámonos este obxectivo ambicioso dende GPUL co fin de recuperar esa relación entre a comunidade informática que tanto se está a perder nos últimos anos e que queremos que sirva de trampolín para difundir o software libre entre dita comunidade, pero esta tarefa non a podemos facer solos.

PRECISAMOS A TÚA AXUDA!

Buscamos xente que nos bote unha man puntualmente para a organización dunha charla ou obradoiro, que nos axude a atopar poñente ou se controla do tema, que el mesmo poida ser o poñente :)

Tedes máis información no seguinte enlace, esperamos contar convosco! ;)

 

AdjuntoTamaño
flyer_1.png289.27 KB