Convocatoria de Eleccións a Xunta Directiva

Pola presente, convócanse eleccións á Xunta Directiva do GPUL polas seguintes razóns:

  • A petición do Presidente.
  • Por teren transcorrido vintecatro meses desde a última convocatoria de eleccións á Xunta Directiva.

Segundo o Regulamento Electoral (adxunto), a partir de mañá, ábrese o prazo para presentar candidaturas. O calendario electoral queda da seguinte maneira:

  • Data de convocatoria: 23/12/2015
  • Presentación de candidaturas: 24/12/2015 a 08/01/2016
  • Publicación do listado provisional de candidaturas: 11/01/2016
  • Prazo para reclamacións: 11/01/2016 a 13/01/2016
  • Publicación do listado definitivo de candidaturas: 15/01/2016
  • Inicio da campaña electoral: 18/01/2016
  • Votación electrónica:
    • Solicitude: 13/01/2016 a 19/01/2016
    • Recepción de votos: 20/01/2016 ata 6 horas antes da primeira convocatoria da Asamblea Xeral Extraordinaria coa votación coma punto da Orde do día.
  • Votación por correo ordinario:
    • Solicitude: 24/12/2015 a 4/1/2016
    • Envío de papeletas: 15/01/2016 a 19/01/2016
    • Recepción de votos: 15/01/2016 ata 6 horas antes da primeira convocatoria da Asamblea Xeral Extraordinaria coa votación coma punto da Orde do día.
  • Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria coa votación coma punto da Orde do día: 15/01/2016
  • Celebración de Asamblea Xeral Extraordinaria coa votación coma punto da Orde do día: 02/02/2016 a 09/02/2016

Para a votación electrónica só se admitirá o certificado dixital da FNMT.

Dende a actual Xunta Directiva animamos a todas as socias e socios a participar no proceso.