Asamblea Extraordinaria de GPUL

Pola presente, convócase Asamblea Extraordinaria de GPUL para o mercores 3 de febreiro de 2016 na Aula de Graos da Facultade de Informática.

    Primeira convocatoria: 20:00
    Segunda convocatoria: 20:30

Orde do día:

    Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.
    Lectura de altas e baixas de socios desde a última Asemblea.
    Inicio da votación á Xunta Directiva.
    Reconto de votos.
    Nomeamento da nova Xunta Directiva.
    Discusión e aprobación, se procede, da vontade da asociación para
    ser incluída como Asociación de Utilidad Pública (regulada polo
    RD1740/2003 e con modificacións do RD949/2015), e de inicio do
    procedemento a tal fin, se procede.
    Rogos e preguntas.

En caso de non poder celebrarse na Aula de Graos comunicarase unha aula alternativa con tempo suficiente.

Asdo.
Marcos Chavarría,
Secretario do GPUL.