Comezan os GPUL Labs

Este ano en GPUL decidimos que había que darlle unha volta as nosas actividades habituais e lanzámonos a formar unha comunidade de desenvolvedores preocupados polo Software, o Hardware e a Cultura Libre aquí na Coruña e na nosa comunidade.

De xeito resumido, os <Labs/> son unha serie de talleres, charlas e hackatons de programación baseados en tecnoloxías libres co fin de realizar, de comezo a fin, un proxecto de desenvolvemento software traballando con unha Raspberry Pi, creando unha aplicación web, falando de metodoloxías áxiles de desenvolvementeo ou incluso de boas prácticas como code review ou integración continua.

Se queredes coñecer máis, non dubidedes en pasarvos pola web dos Labs onde poderedes inscribirvos, ver as actividades que pensamos facer, e se queredes, tamén poderedes seguir os videos e o material das actividades, dende o seguinte repositorio de código.

Contamos coa vosa asistencia para montar unha enorme e activa comunidade de Software Libre na Coruña :)

 

 

AdjuntoTamaño
labs-logo.png27.38 KB