Festa vixésimo aniversario de KDE

Este ano estase a celebrar o XX aniversario da comunidade KDE.

Por ese motivo, imos organizar unha celebración de aniversario en Santiago de Compostela o día 15 de outubro.

Este evento terá lugar en Matadoiro Compostela, na Praza Matadoiro.

Para poder asistir será preciso completar o formulario de inscripción.

A actividade comezará ás 20:30 cunha poñencia titulada: "Coma colaborar con KDE e outros proxectos de Software Libre". Nesta charla explicaranse diversas formas de colaborar cos proxectos de software libre, centrándose no caso de KDE, tanto no que é a propia programación e desenvolvemento de código coma noutras áreas (traducción, promoción, etc.).

Despois terá lugar unha cea para celebrar o viséximo aniversario de KDE e a inaguración do local de GPUL en Santiago. O prezo aproximado da cea será de 10€ por persoa.