Hackathiño de datos abertos - Resumo

A pasada fin de semana organizamos o Hackathiño de Datos Abertos co que demos comezo a nosa andadura dentro dun novo campo, os Datos Abertos.

O primeiro é agradecer enormemente a tódolos que colaboraron na organización do evento, tanto os amigos de Árticos, GDG e Coruña Dixital como a Universidade da Coruña por cedernos o espazo.

O evento tivo moi boa acollida con máis 35 asistentes e incluso algún extra nas charlas introductorias nas que Juan Romero de OpenKratio nos conseguíu introducir na importancia de abrir os datos dun xeito estándar e reusable, lonxe dos típicos pdfs e como base dunha boa democracia.
Tamén escoitamos da man de Lluis Esquerda as súas vivencias dentro de este campo a través da súa experiencia nun proxecto real, citybik.es, que servíu como referente aos proxectos que participaron.
Entre os asistentes tivemos a concelleira de participación que aproveitou para contarnos un proxecto baseado nos datos abertos que ten o concello e incluso recibíu feedback e suxerencias dos asistentes.


O evento tivo lugar na NORMAL, decidimos sair unha vez máis da Facultade para achegarnos máis á cidade e aos colectivos que quixeran participar, xa que a idea inicial é que foran eles os que tamén propuxeran proxectos.

Ata 5 equipos participaron no evento, o segundo clasificado foi Open Clean Energy que tiña por obxectivo comparar datos meteorolóxicos e de consumos enerxéticos para coñecer en qué tipo de enerxía é máis rendible invertir en función da zona de España na que te atopes.
Finalmente o gañador foi OpenPet, un proxecto que busca abrir os datos das protectoras de animais para facilitar a súa adopción. O equipo creou unha API aberta que inicialmente parsea os datos de varias webs de protectoras para agregalos, unha web para visualizalos e ao mesmo tempo un bot de twitter que permite twitear os novos animais a medida que son engadidos.

Tamén se traballou nun primeiro borrador dos puntos que debería tocar unha ordenanza de transparencia e por último agregouse bicicoruña e varios sistemas máis de bicicletas dentro da API de citybik.es

Unha fin de semana de traballo moi productiva na que se liberaron moitos datos e que senta unha base para continuar traballando neste campo, probablemente no Ateneo Atlántico de Prototipado que os amigos de Coruña Dixital están a argallar!

Por suposto, todo feedback é benvido e estamos encantados de recibir propostas de accións e todo tipo de colaboracións para seguir formando e promovendo os Datos Abertos e as tecnoloxías libres entre a sociedade ;)

Fotos do evento: https://www.facebook.com/963281590451088/photos/?tab=album&album_id=1064463823666197

 

AdjuntoTamaño
hack.jpg250.74 KB
sobrevivin.jpg206.66 KB
team.jpg225.49 KB