Convocatoria de Eleccións a Xunta Directiva

Pola presente, convócanse eleccións á Xunta Directiva do GPUL polas seguintes razóns:

- A petición do Presidente.
- Por teren transcorrido vintecatro meses desde a última convocatoria de eleccións á Xunta Directiva.

Segundo o Regulamento Electoral (adxunto), a partir de mañá, ábrese o prazo para presentar candidaturas. O calendario electoral queda da seguinte maneira:

Data de convocatoria: 26/01/2017
Presentación de candidaturas: 27/01/2017 a 08/02/2017
Publicación do listado provisional de candidaturas: 09/02/2017
Prazo para reclamacións: 09/02/2017 a 13/02/2017
Publicación do listado definitivo de candidaturas: 15/02/2017

Inicio da campaña electoral: 16/02/2017
Votación electrónica:
Solicitude: 13/02/2017 a 17/02/2017
Recepción de votos: 20/02/2017 ata 6 horas antes da primeira convocatoria da Asamblea Xeral Extraordinaria coa votación coma punto da Orde do día.
Votación por correo ordinario:
Solicitude: 27/01/2017 a 03/02/2017
Envío de papeletas: 15/02/2017 a 17/02/2017
Recepción de votos: 15/02/2017 ata 6 horas antes da primeira convocatoria da Asamblea Xeral Extraordinaria coa votación coma punto da Orde do día.

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria coa votación coma punto da Orde do día: 15/02/2017
Celebración de Asamblea Xeral Extraordinaria coa votación coma punto da Orde do día: 06/03/2017 a 14/03/2017

Para a votación electrónica só se admitirá o certificado dixital da FNMT.

Dende a actual Xunta Directiva animamos a todas as socias e socios a participar no proceso.

Pablo Castro Valiño
Secretario do GPUL