HOWTO Licenzas libres: por que, como e cal

 

Que son as licenzas?

...

 

Por que unha licenza libre?

...

 

Que licenza pode ser a máis adecuada para o meu software?

GPLv3

Trátase da terceira versión da *licenza pública xeral de GNU (GNU GPL)*. Esta licenza garante aos usuarios finais a liberdade de usar, estudar, compartir ou modificar o software. O software cuberto por esta licenza é declarado libre e protéxese contra intentos de apropiación que restrinxan aos usuarios as liberdades antes mentadas. A GNU GPL é unha licenza que pode usar calquera e, ao tratarse dunha licenza copyleft os traballos que deriven do código orixinal terán que ser distribuidos baixo as características desta mesma licenza. Ademáis os usuarios que distribúan os seus traballos con esta licenza poden decidir facelo de forma gratuita ou non, xa que a licenza non impide cobrar por eles.

MIT

Esta é unha licenza software empregada polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. O texto da licenza non ten copyright, o que permite a súa modificación, aínda que, de modificalo, é aconsellable indicar os cambios. Con esta licenza pódese reutilizar software, tanto para ser libre como non, permitindo liberar os cambios feitos ao programa orixinal. Tamén permite aos usuarios licenzar ditos cambios baixo outras licenzas complatibéis, por exemplo BSD ou GPL. A condición principal desta licenza é incluír a nota de copyright en *tódalas* copias do software. Permite, entre outras cousas, copiar, modificar, usar ou integrar o software baixo a licenza MIT con outro.

Apache

É unha licenza software creada pola Apache Software Foundation. Esta licenza require a conservación do aviso de copyright e o disclaimer, pero non se trata dunha licenza copyleft, pois non é necesaria a redistribución do código fonte cando se distribúen versións modificadas. Permite ao usuario do software a liberdade de usalo para calquera propósito, distribuilo, modificalo ou distribuír versións modificadas dese software. Esta licenza non esixe que o software derivado se distribua baixo licenza Apache, nin obliga a que estas derivacións sexan SL o código baixo esta licenza pódese usar en código privativo. O único requisito é notificar aos receptores do producto que este se desenvolveu usando software con licenza Apache.

BSD

A licenza BSD é a licenza de software usada, principalmente, para os sistemas BSD (*Berkeley Software Distribution).* Actualmente redúcese a dúas claúsulas, tratándose dunha das licenzas que máis se achegan ao «dominio público». As esixencias desta licenza son que se conserve o aviso de copyright orixinal e que as redistribucións en código binario conserven este aviso. Así pois, o código pode chegar a privatizarse, pero non o código orixinal, se non unha modificación do mesmo e aínda que a versión modificada cambie a outra licenza, esto non afecta en nada as versións anteriores. Esta licenza protexe a autoría orixinal do software inicial e ademáis agrega un aviso de que as opinións e puntos de vista das persoas que contribuíron no proxecto non representan necesariamente a visión do propio proxecto.

Que licenza pode ir mellor para outro tipo de material (documentación, artístico...)?

Tanto GFDL como CC BY-SA

  • Calquera cambio ou traballo derivado deberá de poñerse baixo estos mesmos termos. (Pero non son compatibles entre si).
  • Os autores han de ser atribuidos polo seu traballo.
  • Tódalas notas de copyright e de aviso da licencia han de preservarse.

GFDL

  • A GFDL pode requerir certos textos adicionais fixos (a maiores do aviso da licencia), como portadas ou contraportadas non modificables, e forzar a xente a preservar certas seccións sin variacións.
  • Ademais, a GFDL *require* que a distribución do contido vaia acompañada do texto completo da licencia (como a GPL).
  • Ha de publicarse, na versión derivada, un rexistro de cambios realizados respecto do orixinal.
  • Non poderá protexerse o documento mediante DRM. (Enténdase: o autor pode facer o que queira, pero terceiros non poderán redistribuilo desta maneira. Isto tamén era así nas CC v2.0, e quitouse nas CC v3.0 debido a que iso non estaba de acordo coas DFSG (Debian Free Software Guidelines)).
  • Está maiormente orientada a documentación de software e traballos literarios, ainda que hai wikis que a empregan.

CC BY-SA

  • A CC BY-SA está escrita dun xeito moito máis xenérico e non importa para qué se empregue
  • Ao contrario que a GFDL, só hai que indicar a licencia do contido e o autor e fonte, pero non é preciso incluir o texto completo da licencia (o que evita o "desgaste medioambiental" ao imprimir o traballo)
  • Existe un "resumo" lexible da licencia para saber de que vai (a GFDL ten un "preámbulo" para iso)

CC BY-SA (3.0)

é compatible coas DFSG, despois dunha serie de emails entre creativecommons e debian-legal [1].

Como teño que facer para distribuír o meu software cunha licenza libre?

...