XIII Xornadas Libres: Petición de contribucións

Un ano máis e un pouco máis tarde do habitual, GPUL organiza as súas XIII Xornadas Libres ao redor do mundo da Cultura Libre en xeral aínda que sobre todo enfocado cara o Software e o Hardware Libre.

Os días 8, 9 e 10 de Outubro a Facultade de Informática da Universidade de A Coruña acollerá esta serie de charlas e talleres sobre diversas tecnoloxías libres, é por isto que estamos na procura de propostas que calquera interesado poida enviarnos, ¡non dubidedes en participar!

Seminario "Software Libre e licenciamento" no CDTIC

Esta semana, o CDTIC acolle un seminario de introdución ao "Software Libre e licenciamento". Terá lugar durante as mañás do mércores e do venres de 10:00 a 14:00 horas.

O obxectivo é dar resposta ás principais preguntas ás que se enfronta quen se achega por primeira vez ao software libre, como cales son as razóns para liberar o software, cal é o xeito de facelo correctamente, onde atopar axuda, cando e onde liberalo ou como se poden obter beneficios co software libre.

Páginas

Subscribe to GPUL RSS